Orixes Celtas

Renontámonos á Idade de Bronce, e máis concretamente aos lugares de nacemento dos ríos Rin e Danubio, onde comeza a desenvolverse unha nova cultura, a “Cultura dos Campos de Urnas”. Recibe este nome debido aos xacementos arqueolóxicos atopados en Austria, que se caracterizaban por enterra-los seus mortos recollendo as súas cinzas en urnas de arxila despois de queima-los seus restos. Descartada a unidade racial, a cultura e en especial a lingua parecen se-los elementos comúns máis importantes. Esta sociedade agrícola é capaz de traballa-lo bronce e fabricar instrumentos. Organízanse en clans e tribos, e excepcionalmente, como en períodos de guerra, en unidades maiores; sen embargo, nunca chegaron a formar un estado, realmente moitas veces loitaban entre si en simples rifas ou polo control dun territorio. Tiñan un forte sentimento relixioso, politeísta, e moi ligado á natureza onde realizaban as súas ceremonias que incluían sacrificios e danzas. O seu carácter guerreiro levounos a saquear Delfos e a conquistar Roma, e, cunha cultura sinxela, chegar a instalarse na Península Ibérica, Alemaña Oriental e as Illas Británicas.

Máis tarde, mentras Europa evolucionaba, e a Civilización dos Campos de Urnas decaía, unha cultura derivada dela, comezaba a substituíla: era a Cultura Celta.

No hay comentarios: