Aquiles (Ἀχιλλεύς) e a Guerra de Troia

Aquiles (Ἀχιλλεύς, Akhileús), de ἄχος, “dor, pena” e λαός, “pobo, tribo”. Tamén interpretado como Corpo de Soldados, porque se di que cando o heroe actúa correctamente os seus homes echen de dor ó inimigo, pero cando se equivoca son os seus homes os que reciben a dor. Apodábano ‘O dos Pés Lixeiros’, pola súa célebre velociade en carreira.

Neto de de Éaco, (Ἀχιλλεύς Αἰακίδης, Akhilleús Aíakides), tamén transliterado como Aquileo. Era o fillo do mortal Peleo (Πηλεύς, Peleús), Rei dos Mirmidóns de Ftia, e da ninfa mariña Tetis (Θέτις, Thétis), da que Zeus (Ζεύς, Dzeús) e Poseidón (Ποσειδῶν, Poseidón) se disputaran a súa man, até que Prometeo (Προμηθεύς, Prometheús) profetizou que Tetis enxendraría un fillo máis grande ca seu pai. Por esta razón ámbolos dous tiveron que renunciar ó seu desexo, e Tetis foi obrigada a casarse con Peleo.

Segundo o poema incompleto, cando Aquiles naceu Tetis intentou facelo inmortal sumerxindoo no río Estixía, pero esquenceuse de molla-lo talón polo que o suxeitaba, deixando vulnerable ese punto.

Peleo confiou a Aquiles e Patroclo (Πάτροκλος, Pátroklos), ó centauro Quirón (Χείρων, Kheíron) no monte Pelión para que os criase. Quirón alimentounos con xabaríns bravos, entrañas de león e médula de oso para aumenta-la súa valentía; ademais ensinoulles o tiro con arco, a arte da e elocuencia e a curación de feridas.

A musa Calíope (Καλλιόπη, Kalliópe) ensinoulles o canto, e o profeta Calcas (Kαλχας Θεςτῶριδες, Kalkhas Thestórides) predixo que a Aquiles daríaselle a escoller entre unha vida corta e gloriosa ou larga en anos e anódina.

A muller considerada máis bela do mundo era Helena (Ἑλένη, Eléne), filla de Zeus. Helena tiña moitos pretendentes e, finalmente, Odiseo (Ὀδυσσεὺς, Odusseús) fixo prometer a todos defender o matrimonio de Helena con quén ela elixise. Ela elixiu a Menealo (Mενελαος, Menelao), quen humildemente non fixo a petición por si mesmo, senón que enviou ao seu irmán Agamenón (Ἀγαμέμνων, Agamémnon) no seu lugar. Menealo herdou o trono de Esparta de Tíndaro (Tιvδαρο/Tιvδαρεο, Tíndaro/Tindáreo), con Helena como a súa raiña e Agamenón, casado coa irmá de Helena, Clitemnestra (Κλυταιμνήστρα, Klutaimnéotra), recuperou o trono de Argos, do que Agamenón e Menealo foran desterrados.

Paris (Πάρις, Páris), enviado a facer tratos diplomáticos a Esparta, e coa axuda de Afrodita (Ἀφροδίτη, Aphrodíte), raptouna e levouna de regreso a Troia como esposa. Aí desencadeouse a guerra xa que os principes e reis de Grecia foron chamados a cumpri-lo seu xuramento e recuperala.

O adiviño Calcas, asegurou que nunca podería ser conquistada a cidade de Troia sen que Aquiles participara na liorta. A súa nai, Tetis, sabendo que Aquíles ía morrer se iba a Troia, disfrazouno de muller na corte do Rei Licomedes (Λυκομήδης, Lucomedes) en Esciro.

Aquiles era chamado Pirra (Πύρρα, Pýrra,) A Vermella. Alí tivo unha relación amorosa coa filla de Licomedes, Deidamia, da que tiveron un fillo Neoptólemo (Νεοπτόλεμος, Neoptólemos). Entón Odiseo chegou disfrazado de comerciante ofrecendo ás fillas do rei baratixas e obxectos femininos. Aquiles descubriuse ao ser tentado por si mesmo collendo armas que Odiseo puxera entre eles e marchar á guerra.

Os gregos enviaron mensaxeiros a Príamo (Πρίαμος, Príamos) esixindo o regreso de Helena como propiedade de Menelao.

Ofendidos por esta obstinación, os gregos partiron de Ténedos e anclaron a súas naves a vista de Troia. Os troianos correron a rápidamente a beira do mar e trataron de rexeita-los invasores cunha choiva de pedras. Mentras tódolos demáis vacilaban, Protesilao (Προτησιλαός, Protesilaós) saltou a terra, matou varios troianos e foi morto por Héctor ( ῝Εκτωρ, Ektor).

Aquiles foi o segundo grego que desembarcou na costa troiana e matou a Cicno (Κύκνος, Kúknos), fillo de Poseidón, cunha pedra certeiramente guindada. Inmediatamente os troianos fuxiron en desbandada e voltaron correndo a súa cidade, mentras o resto dos gregos desembarcaban e facían unha carnicería cos vencidos.

Entón os gregos sitiaron Troia e colocaron as súas naves detrás dunha estacada; a cidade estaba condeada a caer se Troilo (Τρόιλος, Tróilos) lograba alcanza-la idade de 20 anos. Troilo saíu de Troia para vingarse despois da morte de Mnemón (Mνήμων, Mnémon) e atopouse con Aquiles, que o matou. Os troianos choraron a súa morte tanto como a de Héctor.

Aquiles partiu entón cun grupo de voluntarios para saquear o campo troiano. No monte Ida aislou ao dardánida Eneas (Αἰνείας, Aineías) do seu gando e perseguiuno polas abas boscosas e, despois de matar aos pastores e a Néstor (Nῆστωρ, Néstor), fillo de Príamo, apoderouse do gando e saqueou a cidade de Linerso, onde se refuxiara Eneas. Zeus axudóulle a Eneas a escapar.

Anque Eneas toleraba o rapto de Helena por Paris, permaneceu neutral durante os primeiros anos da guerra, xa que era fillo da deusa Afrodita (Ἀφροδίτη, Aphrodíte) e Anquises (Ἀγχίσης, Agkhíses), neto de Tros (Τρώς, Trốs), molestábao o desdén que lle demostraba o seu primo Príamo. Pero a provocación que supuxo a incursión de Aquiles obrigou finalmente aos dardánidas a unir as súas forzas ás dos troianos. Eneas demostrou ser un hábil combatinte e nen sequera Aquiles o menospreciaba, mais se Héctor era a man dos troianos, Eneas era a súa alma.

Entón Aquiles tomou moitas cidades que eran aliadas de Troia, incluida Tebas, onde Eetión (Aἰετίων, Aíetíon), pai de Andrómaca (Ἀνδρομάχη, Andromákhe), esposa de Héctor, e o seu compañeiro Podes (Ποίνιξ, Poíniks) gobernaban aos cilicios. Aquiles matou a Eetión e a sete dos seus fillos, pero non despoxou o seu cadáver, queimouno completamente armado.

Entre as cautivas que colleron, estaba Criseida (Χρυσηίς, Khruseís), á que Crises (Χρυσης, Khruses) enviara a Linerso para que estivera a salvo. Cando se distribuiu o botín, ela tocoulle a Agamenón e Briseida (Bρισείς, Briseís), a Aquiles. De Tebas Aquiles tamén se levou o veloz cabalo Pedaso, que anunciou a súa xugada inmortal.

Chegou o inverno, e como nuca fora unha boa estación para entablar liortas entre nacións civilizadas, os gregos pasárono ampliando o seu campamento e praticando ca balesta. Ás veces encontrábanse con notables troianos no templo de Apolo Timbre, que era territorio neutral. Nunha ocasión en que Hécuba ( Ἥκάbη, Ekábe) estaba alí facendo sacrificios e chegou Aquiles con ese mesmo propósito e namorouse da súa filla Políxena (Πολυξένη, Poluxénê). Non o declarou naquel momento pero ao voltar a súa tenda atormentado, enviou ao bondadoso de Automedonte (Aủτομήδων, Aútomédon) a que preguntara a Héctor baixo que condicións podía casarse con Políxena. Héctor contestou:

“Sera súa o día no que traicione o campamento grego para entregalo ao meu pai Príamo.”

Aquiles pareceu bastante disposto a aceptar as condicións de Héctor, pero renunciou de mal humor cando o informaron de que se non traicionaba o campamento, debía xurar que mataría a seu primo Áyax o Grande (Αἴας, Aías) e aos fillos do atenense Plístenes(Πλέισθενης, Pléistenes).

Na primeira liorta da primaveira, Aquiles buscou a Héctor, pero o sempre atento Heleno (Ἥλενος, Elenos) furoulle a man cunha frecha disparada dende un arco de marfil, regalo amoroso de Apolo (Ἀπόλλων, Apóllon), obligando a retroceder. Zeus guiou a frecha, decidido a alivia-los troianos, molesta-los gregos e facer que Aquiles se apartase dos outros caudillos. Cando Crises foi a rescatar a Criseida (Χρυσηίς, Khruseís), Zeus convenceu a Agamenón de que o despedise don palabras de oprobio, e Apolo, invocado por Crises, adicouse a guindar frechas mortais contra os gregos un día tras outro. Centeas deles morreron anque por sorte non sufriron os reis nen os príncipes.

A petición de Calcas, Agamenón devolveu de mala gana a Criseida a seu pai con regalos propiciatorios, pero resarciuse desa pérdida quitando a Briseida a Aquiles. En vista deso, Aquiles, furioso, anunciou que non volvería a tomar parte na guerra; e Tetis, súa nai acercouse indignada a Zeus, quen lle prometeu desagraviala.

Héctor desafiou a Aquiles a un combate corpo a corpo, e cando Aquiles lle contestou que se retirara da guerra, os gregos elixiron a Áyax o Grande como o seu substituto.

Desesperado, Agamenón enviou a Áyax, Odiseo e dous heraldos para que aplacaran a Aquiles, ofrecéndolle innumerábeis regalos e a devolución de Briseida, da que debían xurar que era virxe se Aquiles volvía a loitar de novo.

Aquiles recibiu aos delegados cun sorriso afábel, pero rexeitou os ofrecementos e anunciou que zarpaba de volta a casa á maña seguinte.

Héctor animado por Apolo, avanzou cara as naves e cruzou a liña grega. Nese intre, Hera (Ἥρα, Era) conseguiu que Afrodita lle prestara o seu ceñidor e convenceu a Zeus para que se deitara con ela, trama que permitiu a Poseidón facer que a lirota cambiara en favor dos gregos. Zeus ao descubrir que o engañaran, reavivou a Héctor medio morto por Áyax cunha enorme pedra, e ordenou a Poseidón que saíra do campo de batalla, restablecendo o valor dos troianos. Éstos volveron a avanzar, Áyax o Grande viuse obrigado a ceder terreo. Aquiles, cando viu que saían chamas da popa da nave de Protesilao, incendiada polos troianos, olvidou de tal modo o seu rancor que reuniu aos seus mirmidóns e correu con eles na axuda de Patroclo; que arroxara unha lanza a masa de troianos reunidos arredor da nave de Protesilao. Ao ver iso os troianos confundírono con Aquiles, e saíron fuxindo. Patroclo apagou o lume salvando polo menos a proa do navío e matou a Sarpedón (Σαπήδων, Sarpédon).

Patroclo persuade a Aquiles para que o deixe dirixir aos mirmidóns, para rescatar aos gregos. Vestido coa armadura de Aquiles, fai retirar aos troianos até as muraias da súa cidade, e tomaría el só Troia se non fora porque Apolo o rexeitara tres veces cun escudo ao subir á muraia. Aquiles empresta ao seu amigo a súa armadura, o seu carro e os seus cabalos. Patroclo, que é un guerreiro excepcional, coas armas de Aquiles resulta invencíbel.

A loita continuou até o anoitecer, cando Apolo, envolto nunha densa capa de néboa, arrimouse por detrás de Patroclo e deulle un contundente golpe nas omoplatas. A Patroclo saltáronlle os ollos da cabeza, caeulle o helmo, a súa lanza rompeuse en cachos, o seu escudo caeulle á terra, e Apolo desatoulle o peto severamente. Euforbo (Eὒφορός, Eúphorós), ao observar a situación na que se hachaba Patroclo, fireuno sen temor á represalia, e, cando Patroclo se alonxaba tambaleándose, Héctor, que acababa de vover da liorta, depachouno dun só golpe.

Menéalo correu e matou a Euforbo, e retirouse pavoneándose a súa tenda cos despoxos, dixando que Héctor despoxara a Patroclo da súa armadura prestada. Logo reapareceron Menelao e Áyax o Grande, e xuntos defenderon o cadáver de Patroclo até que anoiteceu e conseguiron levalo ás naves.

Aquiles ao enteirarse do ocorrido, revolcouse no pó e entregouse a un arrebato de dor.

Tetis introdúxose na tenda do seu fillo levando unha nova armadura que Aquiles puxo rapidamente, fixo a paz con Agamenón, quen lle entregou a Briseida, xurando que non a violara, e que a levara por ira, non por luxuria. Saíu a vengar a Patroclo, ningúen podía enfrentarse a súa ira.

Aquiles encontrouse por fin con Héctor e obrigouno a librar unha batalla corpo a corpo, os exércitos de ambas partes retrocederon e quedaron observando asombrados. Héctor volveuse e comezou a correr ao rederor das muraias da cidade. Con esta maniobra esperaba cansar a Aquiles, que estivera moito tempo inactivo, e por tanto cría que enseguida quedaría canso.

Aquiles perseguiuno tres veces ao rededor das muraias, e sempre que trataba de refuxiarse nunha porta, contando coa axuda dos seus irmáns, saíalle ao paso e impidíallo. Héctor detívose e fixolle fronte, entón Aquiles atravesoulle o peito e rexeitou a súa súplica de moribundo de permitir que rescataran o seu cadáver para soterralo. Despois de apoderarse da armadura, Aquiles cortoulle a carne que rodeaba os tendóns dos talóns, pasou unhas tiras de coiro polos cortes, atounas ao seu carro e, fustigando aos seus cabalos Balio, Xanto e Pedaso, arrastrou o corpo cara as naves a medio galope. A cabeza e Héctor, cos seus cabelos escuros caendo a ámbolos dous lados da cara, erguía unha nube de pó ao seu paso.

Logo Aquiles enterrou a Patroclo. Cinco príncipes gregos foron enviados ao monte Ida en busca de madeira para a pira funeraria, na cal Aquiles sacrificou non só aos seus cabalos e dous dos seus nove cans, se non tamén doce nobles cautivos troianos, entre os cales había varios fillos de Príamo, aos que decapitou. Incluso ameazou con arroxar o cadáver de Héctor aos outros cans.clip_image003clip_image001

Todavía consumido pola dor, Aquiles ergueuse durante doce días ao amencer para arrastrar tres veces o cadáver de Héctor arredor da tumba de Patroclo. Apolo protexía a Héctor da corrupción e da laceración, e, finalmente, por orden de Zeus, Hermes (Ἡρμῆς, Ermés), conduxo a Príamo ao campamento grego pola noite e convenceu a Aquiles para que aceptara un rescate. Nesta ocasión, Príamo mostrou unha gran magnanimidade, xa que o encontrou durmindo na súa tenda e podía matalo fácilmente. O rescate acordado foi o peso de Héctor en ouro. En consecuencia, os gregos colocaron unha balanza fora das muraias da cidade, puxeron o cadáver nun pratiño e invitaron aos troianos a amontoar o ouro no outro. Cando o tesouro de Príamo quedou limpo de lingotes e xoias e o gran corpo de Héctor todavía pesaba máis no seu pratiño, Políxena, que observaba dende a muraia, arroxou os seus brazaletes para aportar o peso que faltaba. Cheo de admiración, Aquiles díxolle a Príamo:

“De boa gaña cambiarei a Héctor por Políxena; garda o teu ouro, cásame con ela e se logo devolves Helena a Menelao, comprométome a facer a paz entre a túa xente e maila miña.”

Polo momento Príamo contentouse con rescartar a Héctor polo precio convido en ouro, pero prometeu que entregaría a Políxena a Aquiles sen reserva se él convencía aos gregos para que se foran sen Helena. Aquiles replicoulle que faría todo o que pudiera, e Príamo foise co cadáver de Héctor para enterralo. Acordaron once días de tregua, dos que nove, os troianos foron a recoller leña ao monte Ida e o décimo incineraron a Héctor e enterrárono nun túmulo. Tan grande foi o bulicio que se produxo nos funerais de Héctor, que as aves que voaban sobre eles caían aturdidas polo ruido.

Pentesilea (Πενθεσίλεια, Penthesileia), reina das amazonas sacara a Aquiles do campo de batalla en varias ocasións, pero ao final él atravesouna coa lanza, namorouse do seu cadáver e cometeu necrofilia alí mesmo. Cando Aquiles pediu voluntarios máis tarde para soterrar a Pentesilea, Tersites (Θερσίτης, Thersítes), o grego máis feo que había en Troia, vaciáralle os ollos a Pentesilea coa súa lanza cando ela estaba alí finada, acusou burlonamente a Aquiles de luxuria inmunda e contranatural. Aquiles volveuse a asestoulle a Tersites tal golpe que lle rompeu tódolos dentes e enviou a súa alma ao Tártaro.

Diomedes era primo de Tersites e desexaba mostrar o seu desprezo por Aquiles, arrastrou dos pés o corpo de Pentesilea e tirouno ao Escamandro. Aquiles embarcou logo para Lesbos, onde fixo sacrificios a Apolo, Ártemise e Leto; e Odiseo, enimigo xurado Tersites, purificouno do asasinato

Entretanto en Troia, Mnemón matou a varios líderes gregos, entre eles Antíloco (Ἀντίλοχος, Antílokhos), fillo de Néstor, cando acudiu a salvar a seu pai, pois Paris matara un dos seus cabalos do carro de Néstor e o terror facía inmanexábel o seu compañeiro de montura.

Ese día, coa axuda dos etíopes de Mnemón, os troianos case conseguiron incendiar as naves gregas, pero caeu a noite e retiráronse. Despois de soterrar aos seus mortos, os gregos elixíron a Áyax o Grande para que se enfrontase con Mnemón, e a mañá seguinte xa dera comezo o singular combate cando Tetis foi en busca de Aquiles, que estaba no campamento, e deulle a nova da morte de Antíloco. Aquiles apurouse a voltar para vingarse, mentras Zeus pesaba o seu destino contra o de Mnémon, apartou a un lado a Áyax e ocupou o seu lugar no combate. O pratiño que contiña o destino de Mnemón descendeu nas mas de Xúpiter, Aquiles asestou ao seu adversario o golpe mortal e pouco despois unha cabeza negra e unha armadura brilante coroaban a pira ardente de Antíloco.

A continuación Aquiles derrotou aos troianos e persigueunos cara a cidade, pero o seu destino tamén estaba xa decidido. Poseidón e Apolo comprometéronse a vingar a morte de Cicno e Troilo e a castigar certas alabanzas insolentes que Aquiles pronunciara sobre o cadáver de Héctor.

Apolo buscou a Paris no máis reñido do combate, apuntou co seu arco e guiou a frecha fatal, que foi a clavarse na única parte vulnerábel do corpo de Aquiles, o talón dereito, provocándolle unha morte moi dolorosa.

Durante todo o día librouse sobre o cadáver unha forte liorta. Áyax o grande matou a Glauco (Γλαῦκός, Glaúkós), despoxouno da súa armadura, enviou ésta ao campamento e, a pesar duna choiva de frechas, levou o cadáver de Aquiles a través das liñas enimigas, mentras Odiseo lle cubría a retaguardia. Unha tempestade enviada por Zeus puxo entón fin a loita.

Esa pérdida desalentou aos gregos. Poseidón prometeu a Tetis que concedería a Aquiles unha illa no Mar Negro na que as tribos da costa lle ofrecerían sacrificios diviños por toda a enternidade. Un grupo de nereidas foi a Troia para chora-la morte con ela e permaneceron velando o cadáver mentras as nove Musas entonaba o canto fúnebre.

O decimoctavo día o corpo de Aquiles foi queimado nunha pira e as súas cinzas, mezcladas coas de Patroclo, gardáronse nunha urna de ouro feita por Hefesto. A urna foi soterrada e sobre ela os gregos erixiron un alto túmulo para indicar o seu lugar de repouso.

Mentras os aqueos celebraban Xogos Fúnebres na súa honra, Tetis sacou a alma de Aquiles da pira e levouna a Leucea, unha illa que se atopa fronte a desembocadura do Danubio e que agora lle está consagrada.

Tetis decidiu conceder as armas de Aquiles ao grego máis valente que quedara vivo diante de Troia, soamente Áyax e Odiseo, que defenderan o xuntos o cadáver, se atreveron a reclamalas.

Mentras Áyax e Odiseo seguían alabándose competitivamente das súas fazañas, Néstor aconselloulle a Agamenón que enviase espías pola noite para que escoitasen ao pe das muraias de Troia a opinión imparcial dos inimigos ao respecto. Os espías oíron o que dicían unhas rapazas que conversaban entre elas: cando unha eloxiou a Áyax por retirar o cadáver de Aquiles do campo de batalla en medio dunha tormenta de armas, a outra replicou: Odiseo e non Áyax sufriu o embate máis forte dos nósos ataques.

En consecuencia Agamenón concedeu as armas a Odiseo. Por suposto, él e Menéalo nunca se houberan atrevido a insultar a Áyax desa maneira se Aquiles estivera vivo, pois Aquiles tiña a máis alta estima ao seu valente primo. Foi o mesmo Zeus quen provocou a discordia.

Áyax decidiu vingarse dos seus compatriotas gregos aquela mesma noite, pero Atenea entoleouno e fixo que se lanzara espada en man contra as vacas e as ovellas. Tras a matanza, encadeou aos animais supervivintes e levounos ao campamento, onde continuou a carnicería. Elixiu dous carneiros de patas brancas, cortoulle a cabeza e a lingua a un deles, crendo que era Agamenón ou Menéalo, e atou ao outro a unha columna, onde o azotou cun cabestro, gritando insultos e chamándolle traidor a Odiseo.

Cando recobrou o xuizo e, totalmente desesperado, cravou a espada na terra coa punta cara arriba e despois de lle pedir a Zeus que lle fixesen saber a Teucro (Τεῦκρος, Teũkros) onde se podía atopar o seu cadáver; a Hermes que conduxese a súa alma aos Campos de Asfódelos; e a as Erinias que o vingaran, aroxouse sobre ela. A espada dobrouse como un arco, aborrecendo cumprir a súa función, e xa amencera cando por fin consigueu suicidarse apuntando a espada baixo o seu outro punto vulnerábel: a axila.

Atenea inspirou a Prilis, fillo de Hermes, para que suxerira que a mellor forma de entrar en Troia era nun cabalo de madeira; Epeo ofreceuse voluntariamente para construílo baixo a supervisión de Atenea. Odiseo logo atribuíuse todo o mérito da estrataxema.

Epeo construiu un enorme cabalo oco con tablóns de pino, cun escotillón nun costado e grandes letras talladas no outro que o adicaban a Atenea: “Agradecendo de antemán o regreso a salvo aos seus fogares, os gregos adican esta ofrenda a Deusa”

Odiseo convenceu aos máis valentes para que subiran ao cabalo completamente armados por unha escaleira de corda e se introduxesen polo escotillón no ventre de madeira.

Entre eles estaban Menelao, Odiseo, Diomedes e Neoptólemo. Engatusado, amenazado e sobornado, Epeo uniuse tamén ao grupo. Subiu o último, introduxo a escaleira de cordas tras súa, e, como era o único que sabía facer funcionar o escotillón, sentouse onda á cerradura.

Ao anoitecer, os demais gregos, que estaban as ordes da Agamenón, seguiron as instruccións de Odiseo, que consistían en incendiar o seu campamento, facerse a mar e esperar frente a Ténedos até a noite seguinte.

Ao amencer, os exploradores troianos informaron de que o campamento grego estaba reducido a cinzas e que o seu exército marchárase deixando un cabalo xigantesco na costa. Príamo e varios dos seus fillos saíron para comprobalo e quedáronse contemplándoo con asombro. Algúns dixeron que o introduxesen en Troia; outros, que o queimasen xa que era un regalo de Atenea, e ésta, favorecera moito aos gregos.

Sigueu outra acalorada discusión cando Casandra (Κασσάvδρα, Cassándra) anunciou que o cabalo contiña homes armados, no que a apoiou o adiviño Laocoonte (Λαοκόων, Laokóon), gritando:

“¡necios, non vos fiedes dos gregos, nen sequera cando vos traian regalos!”

Arroxou a súa lanza, que se cravou vibrando na barriga do cabalo e fixo que dentro del se entrechocaran as armas. Ao instante empezaron a levantarse os gritos de ¡queimádeo, queimádeo!

Inmediatamente adicaron o cabalo a Atenea e case tódolos troianos de Príamo comezaron a celebrar a victoria con banquetes e festas. As mulleres recolleron flores nas beiras do río, adornaron con elas as crins do cabalo e extenderon unha alfombra de rosas arredor dos seus cascos.

Entretanto, dentro do ventre do cabalo, os gregos tremían de terror e Epeo choraba en silencio nun ataque de pánico. Soamente Neoptólemo non mostraba emoción algunha, nen sequera cando a punta da lanza de Laocoonte atravesou os tablóns cerca da súa cabeza. Unha e outra vez, facíalle sinais a Odiseo, que ostentaba o mando, para que ordenara o ataque, ameazando coa lanza e a empuñadura da espada. Pero Odiseo non o permitía.

Esa noite, agotados polos banquetes e as orxías, os troianos durmiron profundamente e nen sequera o ladrido dun can rompía o silencio.

A medianoite, pouco antes de que saíra a lua chea, Sinón (Είνων, Eínon), saíu furtivamente da cidade para encender un lume de sinal na tumba de Aquiles e Antenor (Ἀντήνωρ, Anténor) respondeulle movendo outra facha dun lado a outro.

Agamenón contestou aos sinais ancendendo estelas de madeira de pino nun fanal da cuberta da súa nave, e toda a flota achegouse á beira do mar. Antenor achegouse ao cabalo e informou de que todo estaba en orde, e entón Odiseo ordeou a Epeo que abrir a a porta.

Os gregos descenderon pola escaleira de Epeo. Uns correron a abrir as portas dos seus compañeiros que desembarcaran e outros deron morte aos centinelas adurmilados que gardaban a cidadela e o pazo, pero Menelao só podía pensar en Helena e correu directamente á sua casa. O resto, deslizáronse en silencio polas rúas iluminadas pola lúa, entraron nas casas desprotexidas e degoiaron aos troianos mentras durmían.

Maldicindo a Neoptólemo, que matara a Polites (Πολίτης, Polítes), fillo de Príamo, Príamo lanzoulle sen éxito a súa lanza, ante o cal sacárono a rastras dos escalóns do altar, enroxecidos polo sangue de Polites, e asasinárono cruelmente no umbral do seu propio pazo.

Entretanto, Odiseo e Menelao foran á casa de Deífobo (Δηΐφοβος, Deíphobos), onde libraron o máis sangrento de tódolos seus combates, do que saíron victoriosos soamente coa axuda de Atenea. Menelao conduxo a Helena a salvo ás naves.

Despois da matanza, a xente de Agamenón, saqueou e incendiou Troia, repartiu o botín, arrasou as muraias e sacrificou os holocaustos aos seus deuses.

O Consello debatira durante tempo qué se debería facer co fillo infante de Héctor, Astianacte (Ἀστνάναξ, Astnánadz), e cando Odiseo recomendou o exterminio sistemático dos descendentes de Príamo, Calcas resolveu o destino do neno profetizando que si se lle deixaba sobrevivir, vengaría aos seus pais e a súa cidade. Anque tódolos demais príncipes se negaron a cometer o infanticidio, Odiseo arroxou decididamente a Astianacte dende as muraias.

O Consello discutiu tamén o destino de Políxena. Cando xacía moribundo, Aquiles pedira que a sacrificasen na súa tumba, e recentemente aparecéraselles en soños a Neoptólemo e a outros caudillos amenazándoos con reter a flota en Troia con ventos contrarios até que cumpliran o que él pedir.

Calcas declarou entón que non se debía negar a Políxena a Aquiles, quen a amaba. Agamenón disentía, alegando que xa se derramara bastante sangue para saciar a venganza de Aquiles. O Consello ordeou a Odiseo que fose a buscar a Políxena e invitou a Neoptólemo a oficiar como sacerdote. Foi sacrificada na tumba de Aquiles, a vista de todo o exército, que se apresurou a facerlle un enterro honorábel; enseguida comezaron a soprar ventos favorábeis.

No hay comentarios: