Hallstatt, cuna Celta

Hallstatt, unha pequena cidade encadrada nun lugar perdido no medio de Austria a 1000 m de altura, rodeada de montañas, lagos, e sobre todo minas de sal xema, onde foron descubertas máis de 2000 tumbas de homes que traballaban nelas, foi a cidade elexida, polo tanto, foi a primeira civilización que deu orixe á cultura celta.

Os poblados compoñíanse de cabanas de madeira de forma circular cunha soa cámara e unha única porta de acceso. O teito estaba feito con palla que adopta forma cupular. Estas construccións foron substituídas pronto por cabanas de pedra, de planta rectangular, cunha soa porta e con teito de palla plano.

Esta cultura estaba baseada na agricultura e caracterizábase pola súa clase dominate de guerreiros. Aínda que os grecorromanos os tacharan de bárbaros, os primeiros celtas aportaron elementos tan diversos como a cerveixa, algúns cereais, os pantalóns, etc, o que foi un gran adianto para a época.

O sal que comezaron a explotar das súas minas, fundamentaba a riqueza da poboación, o que lles permitiu comerciar con pobos das Estepas Orientais e do Mediterráneo, cos que intercambiaban cans, cabalos, peles, sal, mineral de ferro, ámbar e escravos a cambio de anáforas de viño, cerámicas de luxo e obxectos de bronce helénicos.

clip_image002

A Cultura Hallstáttica estivo marcada polo uso crecente do ferro debido a unha progresiva destreza na fundición, o que deu o nome a nova idade que se abría nesa época, a Idade de Ferro.

Os novos Celtas caracterizábanse polas variacións rexionais e fases sucesivas, nas que se distinguían as etapas das diferentes maneiras de traballa-los metais: primeiro relizaban largas espadas de ferro e bronce con empuñaduras decoradas, navallas perforadas, fibelas de dobre espiral e recipientes de bronce con cordóns paralelos; e máis tarde fabricaron espadas e puñais con empuñaduras en asta, cinturóns, pectorais, brazaletes, fibelas e aneis de bronce.

As súas influencias culturais concentráronse na introducción de métodos da doma, monta e combate a cabalo, o uso carros de dúas e catro rodas e a difusión da espada de ferro, que empregaron a modo de superioridade, para extenderse na Península, Francia, os Alpes e Gran Bretaña. Durante esos desprazamentos entraron nun contacto coas culturas grega e etrusca, dando lugar a un intercambio cultural cunha cultura máis refinada ca anterior e moi rica en influencias do Mediterráneo, a de La Tène.

No hay comentarios: