A Sociedade Celta

A sociedade celta tiña una base rural centrada na agricultura e o pastoreo. Cando a acumulación de riquezas ou competencia polos recursos era forte, as fortificacións das colinas eran ocupadas de forma permanente. Éstas comprendían unha zona cerrada no alto da colina, defendidas por fosos e muraias. O interior estaba ocupado por casoupas e había zonas destinadas ao traballo dos artesáns. O gran almacenábase en pozos cubertos con arxila. Cada fortificación podía dominar a zona que a rodeaba. Buen exemplo de estas cidades fortificadas, ás cales Xulio César chamou oppida encontramo-lo en Manching, no sur de Alemaña: as rúas estaban trazadas cara ao exterior e os edificios situados en filas e con zonas específicas reservadas para cada actividade. Na península Ibérica estas fortificacións coñeocense como castros e hai bos exemplos en Galiza e ao norte de Portugal.

A unidade social celta era a tribo. Nela, a sociedad estaba estratificada en nobreza ou familias dirixentes de cada tribo, agricultores libres que tamén eran guerreiros, artesáns, traballadores manuales e outras persoas non libres, e os escravos. Tamén existía una clase instruida que incluía aos druidas. Nos primeros tiempos, as tribos estaban dirixidas polos reis, o cal parece que persistiu en Gran Bretaña até a conquista de Roma. Nas partes da Europa celta máis aberta ás influencias do mundo clásico, los maxistrados electos sustituirían aos reis.

clip_image002Unha das principales actividades na sociedade celta era a guerra. Os celtas combatían da forma máis imprevisíbel. Cando desafiaban a un enemigo, comezaban por provoca-lo verbalmente con gritos e cánticos incomprensíbeis; despois, das súas filas alzábanse e siniestros sons de corno seguidos por un martilleo metálico producido polo acompasado golpear das armas contra os escudos. Tras aumenta-lo estruendo progresivamente e unha vez lanzado o apoxeo, os guerreiros lazábanse frenéticamente ao ataque, mentras que dende os carros chovían lanzas.

Máis aínda que a potencia das súas armas era a actitude furibunda a que aterrorizaba aos enemigos, especialmente aos romanos, que vivían este “espectáculo frenético” representado polos bárbaros como un pesadelo.

Se xa era difícil dar conta dos celtas en campo aberto, máis duro aínda resultaba conseguir derrotalos nos bosques que como podemos recordar, eran para eles coma unha especie de segunda casa.

Aos celtas gustábanlles as celebracións e a bebida, contar historias e presumir de fazañas atrevidas. Os homes da clase guerreira estaban moi orgullosos da loita, eran expertos aurigas e para parecer máis terroríficos na batalla, pintaban o corpo con woad, un tinte vexetal azul. Os celtas tamén sobresaían na metalurxia e prodigaban as súas habilidades artísticas en obxectos tales como as armaduras e os arneses para os seus cabalos.

No hay comentarios: