As Migracións Celtas

Durante o Período Lateniense, os celtas emigraron a toda Europa extendéndose polo leste, o oeste e o sur. Na Península fusionáronse cos iberos, dando vida aos celtíberos; por oriente chegaron até os Balcáns e máis tarde até Asia Menor; polo sur atravesaron os alpes e puxeron a sangue e lume a potencia nacente de Roma, chegando a ameaza-la súa propia supervivencia.

O motivo destas migracións é a presión que exercían dende o norte as tirbos germánicas, que se estaban a movilizar dende o Báltico e dende o Mar do Norte; sen embargo, a razón principal destos desplazamentos foi a necesidade de conseguir novos campos para cultivar, desencadenada por unha explosión demográfica que seguiu as mesmas condicións faborábeis que levaran aos celtas ao seu ascenso. Demasiadas bocas que alimentar unidas a un probábel endurecemento do clima empuxaron aos máis fortes, xoves e valerosos a conquistar novas terras.

Deste modo os celtas foron, nun periodo reltativamente breve, “donos” de Europa. As armas xa non simbolizan a pertenza a unha clase social elevada, xa que agora úsanse só para a guerra e os carros de catro rodas, que tiñan unha función ceremonial, pasan a ser tamén utilizados nas batallas. Á cabeza das tribos que se movilizaban á conquista de novos territorios, polo tanto, encontrábase unha belicosa aristocraca guerreira capaz de aproveitar ao máximo a vantaxe de posee-las armas de calidade decididamente superior, así coma a extremada movilidade de potentes carros e innumerábeis cabalos.

As armaduras cerimoniais foron realizadas particularmente como ofrendas rotativas. Están datadas do s. IV a.C., e teñen forma dun casco de xinete de viseira corta. Ambos están originalmente chapados con pan de ouro e presentan decoracións de volutas, incursións de coral e vidro coloreado.

Nas armas logrouse máis fácilmente un equilibrio entre oEspada Celtas aspectos funcional e representativo. Na batalla, os celtas utilizaron espadas largas e pesadsas. Así que se o guerreiro quería obter eficacia, necesitaba unha empuñadura sólida, onde a menudo se concentraban motivos decorativos. A empuñadura podía estar recuberta de pan de ouro ou con incrustacións de materiais preciosos, como ámbar e marfil. Con frecuencia as vainas tamén se adornaron con hermosos motivos grabados. Xeralmente con círculos sinusoidales ou pares de curvas que intentan imitar a figuras de dragóns.

A Primeira Expansión: s. VI e V a.C., prodúcese na Península. A existencia dunha cultura protocelta na península plantexa dúbidas. A diferencia do ocurrido no resto do continente, neste caso faltan as verificacións arqueológicas sobres os enterramentos. Sen embargo, en torno ao s. VI a.C., emerxeu das tinieblas unha poboación que se denominou celtíberos.

A Segunda Expansión: s. IV a.C., prodúcese en Padania. Numerosas tribos cruzan os Alpes invadindo o val de Padania. Os Boios, procedentes de Bohemia, (á que lle deron nome), instálanse en Emilia; Os Lingones, en Romagna e os Senones en Marcas. Grupos insignificantes, convírtense en mercenarios e descenden até o extremo sur do continente para poñerse ao servizo dos Cartagineses, dos Gregos e dos Exipcios, nas súas loitas pola hexemonía do Mediterráneo.

A Terceira Expansión: s. III a.C., prodúcese en Asia Menor. Un grupo de tribos procedentes da península Balcánica atravesa Helesponto. Estos celtas, belicosos e agresivos, derrotan e asasinan ao rei macedonio e saquean delfos.

No hay comentarios: