Loitas Celtas, o Saqueo de Roma

A principios de s. IV a.C. os Senóns, en busca e novas terras e fuxindo da malaria da chaira Padana encamiñáronse a cidade etrusca de Chiusi. Os Etruscos, negándose a cede-los seus campos, pediron axuda a Roma; sen embargo, cando Quinto Fabio, asasinou sen motivo a un xefe celta, a tribo enteira marchou sobre Roma. Ésta alarmouse coa nova de que os celtas se dirixían ao sur en dirección á súa cidade, co que decidiron enviar a Alia os tribunos militares. Estes construíron unha trincheira de avistamento e de base para os exércitos de reserva, alineando as tropas á esquerda. O plan era atraer aos celtas e rodealos, derrotándoos rápidamente.

Sen embargo, Brenno, o seu xefe, lanzou as tropas sobre o alto da trincheira; os exércitos de reserva, que se foron obrigados a unirse ao resto das tropas aliñadas ás beiras do Alia. Numerosos lexionarios fuxiron, outros, afogáronse intentando cruza-lo Tíber, pero a maior parte foron asesinados. Únicamente os soldados do flanco exterior conseguiron salvarse; unha parte replegouse a Veyes e outra regresou a Roma.

clip_image002

Aínda así, Brenno e os seus non aproveitaron a victoria, en non se acercaron a Roma até tres días despois, encontrando a cidade sumergida nun silencio aterrador.

Os seus habitantes atrincheráronse no Campidoglio, e só algúns patricios anciáns, envoltos en lujosas túnicas, quedáronse a espera-la morte segura.

Conta a lenda que os celtas tiñan medo dos patricios, porque pensaban que eran estatuas, cando un celta lle tirou da barba a un dos anciáns e este respondeulle cun bastonazo. Os patricios entón foron masacrados e Brenno decidiu ataca-la fortaleza, pero as ocas ao escoita-los ruidos extraños alertaron até da-la alarma e salvaron así a cidade.

Xa era tarde, os celtas queimárano case todo e estaban case sen reservas, asi que tras sete meses, romanos e celtas sentáronse a negociar. Brenno esixiu unha suma de ouro exorbitante, e mentras este se pesaba, xa que os romanos acusaban aos celtas de usar pesos falsos para confundilos, Brenno lanzou sobre a balanza repleta a súa espada gritando “Vae Victis!!” (desgracia aos vencidos!!).

A derrota do río Alia e o saqueo de Roma, o primeiro da súa historia, foi recordado polos romanos, tanto que o 10 de xullo, día da batalla foi señalado nos calendarios como o “día nefasto”.

No hay comentarios: