Borja Oubiña

Borja Oubiña Meléndez (nado o 17 de maio de 1982 en Vigo) é un futbolista que xoga habitualmente na posición de 13057_news[1]mediocentro.  Aínda que de moi neno xogou no Moledo CF, formouse no Gran Peña e nas categorías inferiores do Celta de Vigo, ascendeu ao primeiro equipo en 2003. Nas tempadas 2005-2006 e 2006-2007 foi un indiscutíbel titular.

Co descenso a Segunda División do equipo vigués en xuño de 2007 o xogador expresou o seu desexo de abandonar o clube. Despois de que varios equipos se interesasesn polo futbolista sen chegar a acordos co Celta, este cedeu a Oubiña ó Birmingham inglés o mesmo día que se pechaba o mercado de fichaxes (31 de agosto de 2007).

Debutou co Celta nun partido contra o Valencia na tempada 2003-2004 da man de Miguel Ángel Lotina. Esa tempada xogou doce partidos de liga e dous da Champions, o primeiro deles contra o Arsenal londiniense, no estadio de Highbury Park.

Logo do descenso do equipo, Oubiña liderou o conxunto como titular habitual, ata o ascenso. Ao ano seguinte, xa en primeira, foi determinante para que os celestes acadaran a sexta praza e se clasificasen para a Copa da UEFA. Destaca pola súa capacidade para recuperar balóns. celta[1]

Internacional coa selección galega no partido contra Uruguai, no debú do conxunto galego dende a posguerra (29 de decembro de 2005). Internacional tamén coa selección española, onde debutou nun partido contra Liechtenstein (2 de setembro de 2006).

Licenciouse en Empresariais na Universidade de Vigo.

No hay comentarios: