Jonathan Pereira

Jonathan Pereira Rodríguez (nado en Vigo o 12 de maio  Jonathan Pereirade 1987) é un futbolista galego, que xoga de dianteiro. Mide 1,66 metros. O seu actual club é o Racing de Santander da primeira división, cedido polo Villarreal Club de Fútbol.

Traxectoria

Empezou na canteira do Celta de Vigo, xogando 2 anos cos alevíns. Logo estivo 4 anos no Santa Mariña de Vigo, e ós 15 anos marchou ó Villareal para xogar nas categorías inferiores, debutando na primeira división o 21 de outubro de 2006 contra o Levante. O resultado final foi de empate a 1, marcando el mesmo o gol logo dun minuto no campo, Jonathan Pereira (5)convertíndose no xogador debutante que menos tempo tardou en meter un gol.

En xullo de 2007 o Villarreal cedeuno ó Racing de Ferrol da  segunda división, equipo co que descendeu á segunda B.

No verán de 2008 foi seguido por varios equipos, como o Racing de Santander, o Málaga ou o Recreativo de Huelva, aínda que todos pretendían a súa cesión, xa que ten contrato co Villarreal ata o 2013. Finalmente foi cedido ó Racing de Santander por unha tempada.

Foi internacional coas seccións inferiores da selección Jonathan Pereira (3)espanhola de fútbol, formando parte na actualidade da selección sub-21.

Tamén xogou coa selección galega  de fútbol en dúas ocasións.

No hay comentarios: